viernes, 19 de agosto de 2011

Rock in way




O Rock in Way Estrella Galicia celebrará a súa primeira edición cun cartel de luxo. The Charlatans é a última incorporación para cerrar o cartel do festiva. Pioneiros do son Madchester e puntais do mellor brit pop, The Charlatans completan unha relación de grandes bandas internacionais na que xa figuraban The Offspring, The Specials, The View, Bad Manners, The Toy Dolls ou <<rinôçérôse>>. Xunto a propostas potentes do panorama musical español como Delorean, Sôber, Tote King e Muchachito Bombo Infierno, o cartel destaca pola ampla representación do mellor pop-rock feito en Galicia, encabezada por Triángulo de Amor Bizarro, Igloo, The Blows e Niño Y Pistola.

The Charlatans é con The Stone Roses e Happy Mondays unha das bandas que deu forma ao son Madchester. Formouse a finais da década dos 80. Co seu primeiro álbum, Some Friendly (1990), marcaron o seu propio camiño: cancións de pop ácido, guitarras rockeiras e efectos psicodélicos. Con esa receita conseguiron chegar aos primeiros postos das listas de éxitos británicas disco tras disco, e xa van once. O último titúlase Who We Touch (2010) e inclúe temas como “Love Is Ending” e “My Foolish Pride”. Novas racións de intensidade sonora que se suman a outras grandes cancións da súa carreira como “The Only One I Know”, “Blackened Blue Eyes” ou “How High”, para ofrecer nos seus directos un menú de pura enerxía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario